Despois de case tres meses de concurso, incluídos oito concertos e outras tantas retransmisións en directo pola rede,
xa temos finalistas do QUEROSTAR, o primeiro concurso de música ao vivo da Sala The Star (Carral).
La Senda de Afra, Maghúa e Chotokoeu foron os grupos mellor valorados polo público e polo xurado
e, polo tanto, os que se repatrirán os premios de 1.000, 500 e 300.
Será na gran final do QUEROSTAR, que xa ten data: o venres, 24 de setembro, na Sala The Star.
Os tres grupos finalistas volverán tocar entón, e ese mesmo día o xurado decidirá quen é o primeiro,
segundo e terceiro clasificado desta primeira edición do QUEROSTAR.
Até entón, moitas grazas a todos os que viñestes aos concertos e aos que as vistes en directo pola rede, e moitas grazas
aos outros
cinco grupos que participaron na fase de clasficación en directo: Super F, Pito de Pikasso, Skarallaos, Alterazión del Orden e Esterko.